Termos de uso
FINS
Trabe é unha aplicación informática de apoio para o cálculo estrutural de produtos de madeira.
ACCESO
O acceso aos contidos farase de acordo á política que se estableza.
O acceso é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos ofertados.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario/a acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente documento de termos de uso.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa do seus dereitos.
A USC, poderá modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a información contida e poderá desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e os servizos que a integran.
Como usuaria, toda persoa que acceda ao mesmo estará obrigada a cumprir coas seguintes obrigacións:
- Usar a aplicación de maneira dilixente e correcta, asumindo tamén calquera responsabilidade que se puidera derivar do mal uso. Non se poderá utilizar para a realización de actividades contrarias á lei, nin con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.
- A información que se introduza a efectos de identificación deberá ser veraz e actualizada. É responsabilidade exclusiva do usuario/a o cumprimento desta obrigación e da información que se introduza para a identificación.
- Queda prohibida a venta dos contidos obtidos a través da aplicación, así como calquera uso contrario á lexislación de propiedade intelectual.
Para poder facer uso deste programa é necesario realizar un rexistro inicial no sitio web da aplicación. Non é precisa ningunha instalación no seu equipo, este programa execútase en liña a través dun navegador web.
O funcionamento desta ferramenta depende do servidor no que se aloxa e da conexión a internet do equipo do usuario/a. Un fallo no servidor podería impedir o acceso temporal ao programa. XERA e USC-PEMADE non se responsabilizan da dispoñibilidade do programa en todo momento
TITULARIDADE
Os dereitos de propiedade intelectual sobre o deseño gráfico e o código fonte do programa pertencen en exclusiva a USC-PEMADE (Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural).
A súa posta a disposición e uso, non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor do usuario/a, polo que toda reprodución, copia, distribución total ou parcial, ou comercialización, requirirá a autorización previa e escrita do seus titulares, reservándose estas entidades, en caso de uso indebido, o dereito a exercitar cantas acciones legais foran precisas para a restitución dos danos e prexuízos causados. Así mesmo, o usuario/a obrígase a indemnizar por calquera dano ou prexuízo que puidera ocasionar polo uso desta aplicación infrinxindo estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.
A persoa usuaria poderá efectuar os actos que sexan necesarios para o acceso ao seu contido e a súa normal utilización. Non obstante, non poderá efectuar os seguintes actos:
1. Os que sexan contrarios a unha explotación normal da base ou lesionen inxustificadamente os intereses lexítimos do titular dos dereitos.
2. Os que prexudiquen ao titular dun dereito de autor que afecte a obras contidas na aplicación.
Non se precisará a autorización do titular:
1. Cando se realice unha utilización con fins persoais.
2. Cando a utilización se realice con fins educativos ou de investigación científica sempre que se leve a efecto na medida xustificada polo obxectivo non comercial que se persiga e indicando en calquera caso a súa fonte.
3. Cando se trate dunha utilización para fins de seguridade pública ou a efectos dun procedemento administrativo ou xudicial.
USO
O usuario/a de Trabe deberá comprobar a validez dos resultados obtidos, así como revisar os datos de entrada, independentemente de que foron introducidos ou se presenten por defecto no programa. O uso que se faga dos resultados que arroxe a ferramenta é da exclusiva responsabilidade do usuario/a. Un manexo e aproveitamento adecuado de Trabe require que o usuario/a conte cos coñecementos precisos en materia de cálculo de estruturas para a introdución de datos, interpretación de resultados e corrección de deficiencias que poidan xurdir das características específicas e condicións concretas do proxecto. XERA e USC-PEMADE non se responsabilizan da incorrecta utilización, interpretación e uso dos resultados obtidos a través de Trabe.
CAMBIOS
Esta ferramenta está suxeita aos cambios ou actualizacións que poidan realizar os autores que a desenvolveron, sen notificación previa.
XERA e USC-PEMADE non se fan responsables da interrupción temporal no acceso ou funcionamento do programa derivada das citadas actualizacións técnicas, nin da perda dos datos introducidos ou resultados obtidos polos usuarios/as a través de Trabe, recomendándose gardar periodicamente os traballos realizados nun programa externo.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
Esta aplicación non realiza tratamentos de datos de carácter persoal. Os datos que se faciliten son para os únicos efectos de rexistrarse na aplicación.
Dado que se trata dunha aplicación en período de probas na USC, actualmente esta aplicación encóntrase temporalmente aloxada nun servidor desta institución, onde se almacenan ditos datos. Esta aplicación pasará definitivamente a aloxarse nun servidor da Xunta de Galicia, á cal se cederán os datos de rexistro de usuarios/as. Ao aceptar estes termos de uso a persoa usuaria consinte esta cesión.
A política de protección de datos da USC encóntrase en:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
O exercicio de dereitos nesta materia pódese realizar en:
https://sede.usc.es/sede/publica/catalogo/procedemento/55/ver.htm
A política de privacidade e protección de datos da USC figura en:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/Politica-privacidade.html
Para calquera consulta sobre esta materia poderá dirixirse a protecciondatos@usc.es
OUTROS DEREITOS
Queda prohibida a reprodución parcial ou total do nome ou logotipo da USC para fins non académicos ou comerciais sen consentimento expreso e escrito do seu lexítimo titular.
EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE
Tanto o acceso a esta aplicación como ao uso que poida facerse da información contida nel é responsabilidade exclusiva das persoas usuarias.
O titular non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo, que puidera producirse no equipo da persoa usuaria como consecuencia directa ou indirecta do acceso a esta aplicación.
Así mesmo, a USC queda eximida de calquera responsabilidade derivada do mal funcionamento da aplicación que teña a súa orixe nunha circunstancia accidental, forza maior, traballos necesarios de mantemento ou calquera outra causa, así como de eventuais erros e inexactitudes que puidera conter.
ACTUALIZACIÓN DAS CONDICIÓNS DE USO
Os titulares da aplicación resérvanse o dereito a actualizar as presentes condicións de uso.